• contacto@isabelzendal.com

Ciclo ‘A gripe de 1918. Cen anos despois’.

Screenshot_1

Ciclo ‘A gripe de 1918. Cen anos despois’.

O Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e a Asociación Isabel Zendal organizan o ciclo ‘A gripe de 1918. Cen anos despois’. 

1918 foi o ano no que acadou o seu apoxeo a pandemia máis mortífera da Idade Contemporánea, a denominada «gripe española». Esa epidemia global veuse favorecida polo desenvolvemento da I Guerra Mundial (1914-1918) e supuxo o falecemento duns 50 millóns de persoas en todo o mundo, cifra superior á de mortos ocasionados polo enfrontamento bélico (10 millóns).

En España tivo lugar unha primeira onda da pandemia na primavera de 1918. O impacto en Galicia, dunha enorme contundencia, ocorreu no outono dese ano, deixando unhas 20.000 persoas mortas. Xunto ao elevado número de falecidos e infectados salientou o feito de que esa gripe incidiu de xeito especial sobre xente moza e adultos sans.

A doenza alterou a vida coruñesa, con moitas persoas de todos os sectores sociais afectadas e cuns trinta enterros diarios nos peores momentos. Tomáronse medidas excepcionais de hixiene e saúde públicas e os xornais recolleron numerosos anuncios de supostas medidas antigripais.

Para lembrar aos afectados pola pandemia, analizar o desenvolvemento desta e reflexionar sobre o futuro da gripe desde a perspectiva da saúde pública, o Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e a Asociación Isabel Zendal organizan este ciclo de intervencións co título de: “A gripe de 1918 cen anos despois”.

Iniciaremos a actividade cunha mesa redonda sobre a gripe na cidade da Coruña, na que falarán catro especialistas en diversas áreas do coñecemento histórico. E dous expertos en Medicina preventiva e saúde pública impartirán as correspondentes conferencias sobre a pandemia de 1918 e a situación actual da doenza e as medidas axeitadas que axuden a evitar a repetición dunha catástrofe mundial como a sufrida naquela data. Porque a gripe forma parte da historia, e como tal será tratada neste ciclo, mais tamén segue a ser unha realidade sanitaria á que cómpre atender desde a difusión de información veraz fronte a posicións irresponsables que poñen en risco os avances acadados no combate con esa e outras doenzas.

 

Mércores, día 3

Mesa redonda. A gripe na cidade da Coruña

HISTORIA DEL ARTE DE MAUEL EIROA RAMA, A FAMILIA DE PÉREZ COSTALES E A EPIDEMIA DE GRIPE NA CORUÑA DE 1918

Crisanto Gándara Eiroa Profesor Titular de Hª da Música no CMUS Profesional Xan Viaño de Ferrol

A CORUÑA E AS SÚAS XENTES EN 1918

Xosé Alfeirán Profesor de Historia, historiador

TAIBO E PICADILLO: DÚAS VÍTIMAS ILUSTRES

Rubén Ventureira. Xornalista
Mércores, día 10

Conferencia A PANDEMIA DE 1918

Juan Gestal otero Catedrático de Medicina preventiva y salud pública da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Mércores, día 17

Conferencia A GRIPE, ENFERMIDADE E PREVENCIÓN

Pilar farjas Abadía Médico especialista en Medicina Preventiva y Salud Pública

admin

Deja un comentario